A orixe do planeta Terra
Formouse a partir de gas e pó cósmico dunha nebulosa situada nos brazos da vía láctea. Hai uns 4600 m.a o gas e o pó da nebulosa empezaron a contraerse, debido a onda expansiva producida pola explosión dunha estrela.
Pouco despois o material nebular condensouse e comezou a xirar. No centro concentrouse a maior parte da masa da nebulosa que se foi comprimindo ata quentarse e permitiu a fusión nuclear e comezou a brillar o sol.
A materia que non formou parte da estrela, permaneceu xirando arredor dela. Ao descender a temperatura formáronse fragmentos do tamaño de grans de area. Estes fragmentos colidiron e uníronse formando corpos máis grandes chamados planetesimais.
Os planetesimais bateron entre si durante moitos millóns de anos, constituíndo corpos de maior tamaño, ata dar orixe aos catro planetas interiores.
Chegou un momento en que a terra de fundiu totalmente e comezou unha diferenciación de capas no seu interior.
Os elementos pesados constituíron o núcleo, os lixeiros a codia e o manto e os materiais gaseosos a atmosfera.