Plano de Benioff
Indica a inclinación dunha placa ao afundirse debaixo doutra. Cando os terremotos cuxos epicentros están preto da costa teñen os seus hipocentros a moi pouca profundidade. E canto máis afastados se encontren os epicentros, a maior profundidade se sitúan os hipocentros. De unirse os hipocentros mediante unha liña, defínese este plano, considerado unha proba directa de fenómeno de subdución.